Primeiro


TRABALLO DE 1º DE PRIMARIA

Podedes enviar os traballos a 
musicaoutes@gmail.com


Actividade 1
Coa letra e música da canción " A miña Barquiña" a ver se podedes enviar un vídeo cantando a canción.

 

 CUNHA BARQUIÑA DE VELA,
PASEI O MAR DA MAROLA,
NON VIN COUSA MÁIS BONITA,
NON VIN COUSA MÁIS FERMOSA.

CUNHA BARQUIÑA DE VELA, 
PASEI A RÍA DE AROUSA,
NON VIN COUSA MÁIS BONITA,
NON VIN COUSA MÁIS FERMOSA.

Actividade 2

ENLACE DE INTERÉS
(Elixe o teu nivel)

MÚSICA DIVERTIDA

Actividade 3


     Aquí tendes varios enlaces de crucigramas e sopa de letras  e outros de construción de instrumentos para pasar un rato divertido.  A ver quen fai o instrumento más guai e quen se atreve cos crucigramas!  Se rematades alguhna destas actividades, podedes envíar os vídeos ou as fotos a musicaoutes@gmail.com



CRUCIGRAMAS E SOPA DE LETRAS

ENLACE 1



ENLACE 2



CONSTRUCIÓN DE INSTRUMENTOS




 FICHAS
  


 Para os  nenos e nenas de primeiro de primaria aconséllolles que fagan algunha destas actividades:

1.-Ditado de pulsos.

2.-Ditado rítmico  con figuras de negra, corchea (dobre corchea) e silenzos de negra.e logo lelo e tocalo con obxectos domésticos.

3.- Se é posible, que busquen no Youtube, vídeos de “Instrumentos  musicales” “Familias de instrumentos”. Con isto farán o seguinte traballo: a)Que debuxen ou impriman láminas da internet cos instrumentos. b) Que recorten cada instrumento e separado recortan tamén o seu nome, así ata que teñan fotos de  de polo menos 5 ou 10 instrumentos (Familia do vento:trompeta,trompa,trombón de varas,tuba,clarinete, oboe, frauta; Familia da corda:violín,viola,violonchelo, contrabaixo, guitarra,arpa,piano; Familia da percusión: claves,caixa china,triángulo,platillos,pandeiro, pandeireta). Logo de ter por separado o debuxo de cada instrumento, cada nome, e o nome das tres familias principais (vento, corda e percusión) construirá o esquema das familias de instrumentos, poñendo cada instrumento co seu nome, debaixo da súa familia correspondente, como se fora un puzzle.

4 - Se é posible, cantar e bailar en familia con vídeos de youtube de grupos como: Cé orquestra pantasma; Pelo gato 24; Migallas, Uxía Lambona, Mamá Cabra, Pés de lan, Brais das Hortas, María Fumasa, Pablo Díaz,…….

5.-Debuxar un pentagrama (cinco liñas e catro espazos), a clave de Sol e que repasen as liñas cunha cor e os espazos con outra cor distinta.

DITADO DE PULSOS:
O que dita toca de tantas en tantas palmadas(de 2 en 2; de 3 en 3; de 4 en 4 ou de 5 en 5). O 1º de cada grupo de pulsos(palmadas) sempre o toco máis forte.
Se é de 2 pulsos: 1-2-1-2-1-2-1-2... (seguindo un tic-tac dun reloxo)
Sé é de 3 pulsos: 1-2-3-1-2-3-1-2-3...
Se é de 4 pulsos: 1-2-3-4-1-2-3-4...

DITADO DE FIGURAS:
Estas son as figuras musicais que coñecen:
      ”TA”. Ditámola con palmada. É un son máis curto, ocupa só un pulso .
      “TI TI”. Ditámola con dous chasquidos de dedos. Son dous sons curtos, e ocupan medio pulso cada un (os dous xuntos, un pulso)
Silencio ou Shh. Ditámola facendo o sonido coa boca e ocupa un pulso.
O ditado de figuras consistirá en tocar combinacións de varias figuras para que, solo escoitándoas, as escriban.
                                                                               
   DITADO RÍTMICO:
Para o ditado rítmico, os nenos/as xa coñecen un elemento máis, que é a duración en pulsos ou tempos de cada figura (representan a duración dos sonidos):
 O TA ocupa 1pulso, e os TITI son  sonidos tan curtos que necesitamos dous pegados para que ocupen un pulso.

EXEMPLO DITADO RÍTMICO: 1º paso: Fago o mesmo que no ditado de pulsos. Escollo de cantos pulsos vai ser cada grupo de figuras e toco con palmas, por exemplo 3
2ºpaso: escollo unha combinación de figuras que ocupe tres pulsos e tócolla. Eles escriben as figuras
3º paso: logo póñenlle os pulsos que ocupa cada figura e se teñen tres, poñen barra divisora para separar e facer o seguinte.

FICHAS



Ficha 4: Instrumentos de percusión


Ficha 5:Traballamos co ritmo



Ficha 6: O pentagrama e as notas MI e SOL

















No hay comentarios:

Publicar un comentario