Infantil

TRABALLO DE INFANTIL
Podedes enviar algún traballo a 
musicaoutes@gmail.com

ENLACE DE INTERÉS
(Elixe o teu nivel)

Recomendacións de música para os nenos e nenas de infantil.

1.- Se é posible, que busquen no Youtube, vídeos de “Instrumentos  musicais
 de percusión”claves,caixa china,triángulo, platillos,pandeiro, pandeireta...) . Con isto farán o seguinte traballo: a)Que debuxen ou imprimídelle  láminas da internet cos instrumentos. b) Que punteen, recorten,  pinten e que xoguen con vós a saber os seus nomes

2.- Se é posible, cantar e bailar en familia con vídeos de youtube de grupos como: Cé orquestra pantasma; Pelo gato 24; Migallas, Uxía Lambona, Mamá Cabra, Pés de lan, Brais das Hortas, María Fumasa, Pablo Díaz, Magín Blanco…….

INFANTIL 4-5 ANOS 



FICHA 1
-Observar como toca o pandeiro a nena e describir o instrumento.  Colorealo.



FICHA2
-Observar como toca a castañola a nena e describir o instrumento.  Coloreala.




FICHA3
-Observar o debuxo e explicar o que se ve.  Pintar os globos que tapan os cables.



FICHA4
-Observar como toca os cascabeis o neno e describir o instrumento.  Colorealo.



FICHA 5
-Aprender que o pentagrama ten 5 liñas e 4 espazos.  Escribir o número de cada liña no pentagrama.  Moi importante empezar por abaixo.




FICHA 6
-Agora escribir o número de cada espazo no pentagrama.
Moi importante empezar por abaixo.


FICHA7
-Coñecemento instrumental.
-Coñecer algús aspectos sobre este instrumento.
     É de orixe americana.  Composto por un tubo fabricado cun anaco de cana de bambú ao que se lle cravan uns pauíños de madeira ou espiñas de cacto, formando unha espiral.  Métense unhas sementes (arrroz) e péchanse os extremos.  Ao inclinar suavemente o tubo caen as sementes golpeando os pauíños que ten no seu interior e producindo un son parecido ao da chuvia.
-Construír un pau de chuvia.




FICHA 8
-Une cada instrumento co seu nome e despois colorea o violín de vermello, a trompeta de verde, os platillos de azul e a arpa de laranxa.


FICHA 9
Coñecemento instrumental
     A maraca é un instrumento que se golpea ou axita. E de orixe latinoamericano (Venezuela, Brasil, Colombia).  As primeiras maracas eran cabazas secas e ocas nas que se lle metían sementes da mesma cabaza.
-Construír unha maraca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario