Sexto

TRABALLO DE 6º DE PRIMARIA

Podedes enviar os traballos a 
musicaoutes@gmail.com

 
Actividade para a semán do 8 ao 12 de xuño

  No día de hoxe, 5 de xuño, acaban de concederlle o Premio Princesa de Asturias das Artes a Ennio Morricone e a John Williams.
    Investiga e fai un traballo (texto, fotos, música...) sobre un destes dous personaxes. 



Actividade 1 

"NANA", "HABANERA", "EL INVIERNO" e "PASEO" son  pezas que se tocaron este curso.
Nelas trabállanse as notas DO, RE, MI, FA, SOL, LA, SI, DO' e RE'.
Se non tes a partitura, aparece nos enlaces de interés da páxina de música (Partiflauta).   

A VER SE PODES ENVIAR UN VÍDEO TOCANDO ALGUNHA DESTAS PEZAS COA FRAUTA. 
(musicaoutes@gmail.com)

Actividade 2

ENLACE DE INTERÉS (Elixe o teu nivel)

MÚSICA DIVERTIDA 


Actividade 3

     Aquí tendes varios enlaces de crucigramas e sopa de letras  e outros de construción de instrumentos para pasar un rato divertido.  A ver quen fai o instrumento más guai e quen se atreve cos crucigramas!  Se rematades alguhna destas actividades, podedes envíar os vídeos ou as fotos a musicaoutes@gmail.com


CRUCIGRAMAS E SOPA DE LETRAS



CONSTRUCIÓN DE INSTRUMENTOS 




Aos nenos e nenas de sexto der primaria aconséllolles que fagan algún destes exercicios . Facerlle os pais/nais os ditados (que vos expliquen como facerllos) Se non fora posible, os propios nenos e nenas, poden escribir os ditados rítmicos, e rítmico-melódicos, lelos e logo tocalos con obxectos domésticos.

1- Ditado rítmico e logo lelo e tocalo con obxectos domésticos.

2- Ditado rítmico-melódico.

3- Exercicios escritos ou con aplicacións de repaso das notas no pentagrama

4- Repasar as posicións da frauta traballadas na clase.

5- Se é posible, busca no Youtube, vídeos de “Familias de instrumentos”. Con isto farás o seguinte traballo: crear un esquema con cores sobre: Familia de vento madeira ou vento metal.  Familia de corda frotada,punteada ou percutida.   Familia da percusión de madeira,metal ou parche
6- Se é posible, cantar e bailar en familia con vídeos de youtube de grupos como: Pés de lan, Bailabén...
7.-Buscar videos dos grupo der música tradicional "Os Melidaos" e escoitar algunha das súas cancións (Polo rueiro de abaixo, Foliada namoradeira, O Caíño...)                                                                                                                                                                                        DITADO RÍTMICO-MELÓDICO: Debuxar un pentagrama e facer un ditado, primeiro rítmico con algún obxecto que se teña a man e despois facelo melódico con notas traballadas na clase.

Tamén podes utilizar para repasar aplicacións como: DoSolFa-litle; NotesGame…..
Tamén hai vídeos interesantes no Youtube e moitos exercicios na internet sobre este tema.

FRAUTA
Primeiro repasa as posicións da frauta. Se non tedes frauta na casa, podes practicar igualmente repasando as posicións dos dedos na frauta usando un lapis e logo ler as partituras simulando a frauta co lapis, ou entrar nestas páxinas, apps ou youtube buscando vídeos de aprendizaxe. Utiliza a aplicación Partyflauta onde atoparás algunha das pezas traballadas na clase.

"NANA", "HABANERA", "EL INVIERNO" e "PASEO" son  pezas que se tocaron este curso.
Nelas trabállanse as notas DO, RE, MI, FA, SOL, LA, SI, DO' e RE'.
Se non tes a partitura, aparece nos enlaces de interés da páxina de música (Partiflauta).   

A VER SE PODES ENVIAR UN VÍDEO TOCANDO ALGUNHA DESTAS PEZAS COA FRAUTA. 
(musicaoutes@gmail.com)


No hay comentarios:

Publicar un comentario