Cuarto

TRABALLO DE 4º DE PRIMARIA

Podedes enviar os traballos a 
musicaoutes@gmail.com

Actividade 1.

"BLACK AND WHITE", "APRENDIZ DE PASTOR", e "TROPICALIA" son tres pezas que se tocaron este curso.
Nelas trabállanse as notas SOL, LA, SI, DO' e RE'.
Se non tes a partitura, aparece nos enlaces de interés da páxina de música (Partiflauta).   

A VER SE PODES ENVIAR UN VÍDEO TOCANDO ALGUNHA DESTAS PEZAS COA FRAUTA. 
(musicaoutes@gmail.com)

Actividade 2.

ENLACE DE INTERÉS (Elixe o teu nivel)


 MÚSICA DIVERTIDA


Actividade 3.

     Aquí tendes varios enlaces de crucigramas e sopa de letras  e outros de construción de instrumentos para pasar un rato divertido.  A ver quen fai o instrumento más guai e quen se atreve cos crucigramas!  Se rematades alguhna destas actividades, podedes envíar os vídeos ou as fotos a musicaoutes@gmail.com


CRUCIGRAMAS E SOPA DE LETRAS





CONSTRUCIÓN DE INSTRUMENTOS






Os nenos e nenas de cuarto de primaria aconséllolles facer algún destes exercicio:

1.- Ditado rítmico e logo lelo e tocalo con obxectos domésticos.

2.- Ditado rítmico-melódico

3.-Exercicios escritos ou con aplicacións de repaso das notas no pentagrama

4.-Se é posible, que busquen no Youtube, vídeos de “Instrumentos  musicales” “Familias de instrumentos”. Con isto farán o seguinte traballo: a)Que debuxen ou impriman láminas da internet cos instrumentos. b) Que recorten cada instrumento e separado recortan tamén o seu nome, así ata que teñan fotos de  de polo menos 15 ou 20 instrumentos (Familia de vento madeira ou vento metal:clarinete,oboe,frauta,fagot,trompeta,trompa,trombón de varas,tuba; Familia de corda frotada,punteada ou percutida:violín,viola,violonchelo, contrabaixo, guitarra,arpa,piano; Familia da percusión dde madeira,metal ou parche: claves,caixa china,triángulo,platillos,pandeiro, pandeireta). Logo de ter por separado o debuxo de cada instrumento, cada nome, e o nome das tres familias principais (vento, corda e percusión) construirá o esquema das familias de instrumentos, poñendo cada instrumento co seu nome, debaixo da súa familia correspondente, como se fora un puzzle.

5.- Se é posible, cantar e bailar en familia con vídeos de youtube de grupos como: Cé orquestra pantasma; Pelo gato 24; Migallas, Uxía Lambona, Mamá Cabra, Pés de lan, Brais das Hortas, María Fumasa, Pablo Díaz,……. - E os venres, se é posible, que poñan no youtube Venres de Concertos, para poder visualizar aos seus compañeiros e compañeiras.

DITADO DE PULSOS:
O que dita toca de tantas en tantas palmadas(de 2 en 2; de 3 en 3; de 4 en 4 ou de 5 en 5). O 1º de cada grupo de pulsos(palmadas) sempre o toco máis forte.
O que escribe, solo escoitando, debe adiviñar de cantos pulsos(palmadas) estou tocando e escribir o número.  Por exemplo: 4  2   5   3

DITADO DE FIGURAS:
Estas son as figuras musicais que coñecen comparándoas con patas de animais:
  Branca ou “TOO”. Ditámola batendo co pé no chan. É un son tan longo que ocupa dous pulsos.
  Negra ou ”TA”. Ditámola con palmada. É un son máis curto, ocupa só un pulso .
  Corchea ou “TI”. Ditámola con chasquido de dedos. É un son curto, ocupa medio pulso. Podemos ditar dúas seguidas para ocupar un pulso    ou combinala co seu silencio
  
                  
EXEMPLO DITADO RÍTMICO
1º paso: Fago o mesmo que no ditado de pulsos. Escollo de cantos pulsos vai ser cada grupo de figuras e toco com palmas, por exemplo 3
2ºpaso: escollo unha combinación de figuras que ocupe tres pulsos e tócolla. Eles escriben as figuras
3º paso: logo póñenlle os pulsos que ocupa cada figura e se teñen tres, poñen barra divisora para separar e facer o seguinte.

DITADOS DE SONIDOS AGUDOS E GRAVES:
Os sons agudos son aqueles que son máis finos (as voces das mulleres, dos rapaces, as sirenas,os cacharros pequenos….); os sons graves soan máis gordos (as voces dos homes, animais grandes, cacharros grandes,….)
1º O que facemos nestes ditados é coller algo que emita un son agudo (pode ser unha pota pequena tocada cunha culler de pau ou un do agudo nun instrumento que teñades pola casa, coma un xilófono de xoguete) e outro obxecto que emita un son grave (pode ser unha pota máis grande, ou un son grave nun instrumento)
2º tócolle varias veces os obxectos para que interiorice cal é o son agudo e cal o grave.
3º O rapaz/a escribe dúas liñas: a superior é para o son agudo e a inferior para o grave
4º Sen que vos vexa, volvedes tocar e recordarlle cal é o son agudo e cal o grave que ides utilizar.
5º Tocades combinando eses dous sonidos 2 ou 3 veces, por exemplo: grave-grave-agudo. Neste caso o neno/a debería escribir  Logo combino doutra forma e podería ser agudo-grave-agudo.  Outro diferente agudo-agudo-grave   

DITADO RÍTMICO-MELÓDICO:
O repaso debe consistir en debuxar o pentagrama ca clave de sol, e colocar as notas nas liñas e nos espazos sen seguir una orde determinada desde DO-RE-MI-FA-SOL-LA-SI-DO'.
Para o repaso melódico traballas só con MI-FA-SOL-LA
          Tamén poden utilizar aplicacións como: Noteworks, DoSolFa-litle; NotesGame…..         Tamén hai vídeos interesantes no Youtube e moitos exercicios na internet sobre este tema.

FRAUTA
Que repasen as notas SOL-LA SI-DO'
Na aplicación Partiflauta aparecen as pezas traballadas na clase.



  

No hay comentarios:

Publicar un comentario